Novas

mércores, 06 de outubro de 2021

O Concello expón este mes no Torrente Ballester as obras dos universitarios de Belas Artes que participan no programa ‘ConArte no Camiño’

O alcalde, Ángel Mato, recibiu no pazo municipal a finais de setembro aos alumnos que desenvolveron na cidade un proxecto artístico da man de Eduardo Hermida. A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, visitou esta mañá a mostra, que conta con 15 obras de 14 alumnos, a maioría españois e un peruano


O Concello expón este mes no Torrente Ballester as obras dos universitarios de Belas Artes que participan no programa ‘ConArte no Camiño’

O Concello de Ferrol expón desde hoxe, 6 de outubro, ata o día 31 deste mes as obras dos estudantes de Belas Artes de universidades españolas e unha peruana que participan no programa ‘ConArte no Camiño’ e que estiveron unha semana en Ferrol desenvolvendo un proxecto artístico da man do ferrolán Eduardo Hermida. Trátase dunha iniciativa no marco do Teu Xacobeo en colaboración co Concello de Ferrol. 


O alcalde, Ángel Mato, recibiu no pazo municipal a finais de setembro aos alumnos participantes no programa. Esta mañá, a concelleira de Patrimonio Histórico e Benestar Social, Eva Martínez Montero, xunto con Hermida, visitou a mostra no centro municipal Torrente Ballester, que ofrece 15 obras de 14 alumnos. A exposición tamén conta cun código QR que leva a un fotolibro elaborado por unha das participantes e proxéctanse dous vídeos. 

A edil indicou que é unha acción máis das promovidas polo Concello “co fin de poñer en valor o Camiño Inglés e de potenciar a ruta como recurso turístico”. Tamén lembrou o aumento de peregrinos que nos últimos meses se atopan á cidade para iniciar o percorrido. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar