Novas

venres, 08 de outubro de 2021

O Concello abre o prazo para participar nas actividades polo Día da Muller Rural, que inclúen un roteiro e un obradoiro en Doniños

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, indicou que a inscrición para as actividades, que se desenvolverán o día 16, remata o día 14 e pode facerse a través da web https:// www.ferrol.gal/Sede/mullerrural. O venres 15, Día Internacional da Muller Rural, ás 18 horas haberá unha actuación da narradora oral María da Pontragha co seu espectáculo ‘Donas da aldea’


O Concello abre o prazo para participar nas actividades polo Día da Muller Rural, que inclúen un roteiro e un obradoiro en Doniños

O Concello de Ferrol abre hoxe o prazo de inscrición para anotarse nas actividades que desde a concellería de Muller e Igualdade, dirixida por Cristina Prados, deseñáronse con motivo do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra o día 15 de outubro. 


A responsable municipal informou que o mesmo día 15, ás 18 horas, terá lugar no local da Asociación Veciñal da Graña a actuación da narradora oral María da Pontragha ‘Donas da aldea’, con música en directo de acordeón e zanfona. O día 16 celebraranse dous actividades, neste caso en Doniños. De 11 a 13 horas terá lugar un roteiro para recoller plantas silvestres con Patricia Puga. A saída será desde a Asociación de Mulleres Rurais de Doniños e a ruta é de dificultade baixa. Pola tarde, de 16 a 18 horas, celebrarase tamén en Doniños o obradoiro ‘Fai o teu aceite curatodo’ coas plantas recollidas pola mañá con Patricia Puga. 

O prazo para inscribirse en ambas actividades remata o día 14 deste mes e pode facerse de balde a través da web do Concello https://www.ferrol.gal/Sede/mullerrural. A concelleira lembrou que precisamente a Asociación de Mulleres Rurais de Doniños foi pioneira en celebrar este día hai 17 anos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar