Novas

venres, 08 de outubro de 2021

O Concello presenta o IV Campionato Ferrolán de Bodyboard, que terá lugar mañá sábado en Doniños

O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, anunciou esta mañá que a xornada durará 11 horas, desde as 8 da mañá


O Concello presenta o IV Campionato Ferrolán de Bodyboard, que terá lugar mañá sábado en Doniños

O Concello de Ferrol presentou esta mañá o IV Campionato Ferrolán de Bodyboard, que terá lugar mañá sábado, 9 de outubro, na praia de Doniños tras suspenderse en varias ocasións polas malas condicións meteorolóxicas. O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, anunciou que a xornada comenzará ás 8 da mañá e durará 11 horas, e mostrou a súa satisfacción porque esta fin de semana o bo tempo permita a celebración deste evento. 


O edil estivo acompañado polo organizador da proba, José Harto, quen indicou que se bateu récord no número de inscritos, preto de 100, a maioría da comarca e o resto de outros puntos do país. Harto tamén mostrou o seu agradecemento ao Concello de Ferrol polo seu apoio e incidiu no “extraordinario nivel dos participantes”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar