Novas

mércores, 13 de outubro de 2021

O Concello expresa o seu pesar polo falecemento do ferrolán Emiliano Aguirre Enríquez, impulsor das excavacións de Atapuerca


O Concello de Ferrol expresa o seu pesar polo falecemento do ferrolán Emiliano Aguirre Enríquez, impulsor das excavacións de Atapuerca (Burgos), falecido recentemente en Madrid aos 96 anos de idade. Recibiu o título de Ferrolán Ilustre pola súa traxectoria como paleontropólogo e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica. Coñecido como o Pai de Atapuerca, Aguirre era licenciado en Filosofía, Ciencias Naturais e Teoloxía, doutor en Bioloxía, autor de numerosas publicacións científicas e foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, entre outros recoñecementos.  

O Concello de Ferrol trasladou o pésame á familia en nome de toda a corporación e enviou unha coroa ao tanatorio da Paz, en Alcobendas. Foi incinerado onte en Madrid.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar