Novas

xoves, 14 de outubro de 2021

O Concello abre o prazo para solicitar as axudas para o bonobús universitario

O período para presentar a documentación a través da Sede Electrónica ou do Rexistro municipal é de 10 días hábiles desde hoxe xoves


 O Concello de Ferrol abriu hoxe mesmo o prazo para solicitar as axudas para o transporte diario durante o presente curso escolar de estudantes universitarios residentes en Ferrol que acoden ás facultades dos campus en Coruña da UDC. O prazo é de 10 días hábiles a partir de hoxe e os interesados poden consultar as bases da convocatoria e atopar os formularios no Taboleiro de Anuncios do Concello de Ferrol, na páxina web https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios. A solicitude debe formalizarse a través da Sede Electrónica ou do Rexistro municipal. A convocatoria contempla 35 prazas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar