Novas

xoves, 14 de outubro de 2021

A concelleira de Benestar Social visitou o centro de maiores da rúa Río Xubia, que reabriu hoxe tras a pandemia

Eva Martínez Montero acudiu esta mañá as instalacións e mantivo un encontro cos usuarios


A concelleira de Benestar Social visitou o centro de maiores da rúa Río Xubia, que reabriu hoxe tras a pandemia

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, visitou esta mañá as instalacións do centro de maiores da rúa Río Xubia con motivo da súa reapertura tras a pandemia e mantivo un encontro cos usuarios, a quen trasladou que estes días abrirá as súas portas de luns a venres de 10 a 13 horas e trasladoulles que nas próximas datas estará en servizo tamén pola tarde “ata retomar a actividade habitual prepandemia”, explicou a edil. 


A concelleira tamén indicou aos usuarios do centro de maiores que durante o tempo de peche polas restricións da covid-19 o local municipal someteuse a pequenas actuacións de reparación e adecentamento. 

Martínez Montero explicou que a vontade do goberno local é “ir recuperando a normalidade sempre que as medidas sanitarias o permitan” posto que “un dos nosos obxectivos é coidar e acompañar aos nosos maiores, un colectivo moi afectado pola pandemia que estamos a vivir”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar