Novas

mércores, 20 de outubro de 2021

O Concello abre o prazo de inscrición para o primeiro módulo da Escola de Familias, que abordará a prevención das adicións e os riscos das novas tecnoloxías

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, anunciou esta mañá que está dirixido a pais con fillos de entre 12 e 18 anos e desenvolverase no Edificio Social da rúa Sánchez Barcáiztegui. Celebrarase os mércores 10, 17 e 24 de novembro e o 1, 15 e 22 de decembro en horario de 17 a 18.30 horas


O Concello abre o prazo de inscrición para o primeiro módulo da Escola de Familias, que abordará a prevención das adicións e os riscos das novas tecnoloxías

O Concello de Ferrol abriu xa o prazo de inscrición para participar no primeiro módulo da Escola municipal de Familias, que se desenvolverá os mércores 10, 17 e 24 de novembro e o 1, 15 e 22 de decembro no Edificio Social (rúa Sánchez Barcáiztegui, 35) de 17 a 18.30 horas. Os interesados xa poden anotarse, antes do 5 de novembro, a través do correo electrónico prevencionasfedro@gmail.com indicando nome e apelidos, número de fillos e a súa idade, teléfono de contacto e dirección de correo. 


A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, anuncio esta mañá que está dirixido a pais con fillos de entre 12 e 18 anos. Este primeiro módulo estará dedicado á prevención de condutas aditivas no ámbito familiar e abordaranse asuntos como a comunicación familiar e os estilos educativos; normas e límites; os enfoques actuais da adolescencia as drogas e as adiccións; a prevención de condutas aditivas e os riscos das novas tecnoloxías. 

A formación correrá a cargo de membros de Asfedro (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) e da asociación Ex-Alcohólicos de Ferrolterra. Ao longo de todo o curso escolar desenvolveranse outros dous módulos para pais, un dedicado á educación na diversidade e outro sobre sexualidade. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar