Novas

venres, 22 de outubro de 2021

O Concello amplía o aforo para o ballet ruso ‘El lago de los Cines’, que se representará este domingo no Auditorio municipal

As entradas poden retirarse de xeito presencial desde hoxe no despacho de billetes do Teatro Jofre e o domingo pola tarde, desde as 16.30 horas, na do Auditorio municipal


O Concello amplía o aforo para o ballet ruso ‘El lago de los Cines’, que se representará este domingo no Auditorio municipal

O Concello de Ferrol, debido á actualización da normativa covid e á ampliación de aforos, vén de ampliar o número de entradas á venda para o espectáculo ‘El lago de los Cisnes’, a cargo do Ballet Nacional Ruso, que terá lugar esta fin de semana, o domingo 24, ás 19 horas, no Auditorio municipal. As entradas poden retirarse de xeito presencial desde hoxe no despacho de billetes do Teatro Jofre e o domingo pola tarde, desde as 16.30 horas, na do Auditorio municipal. 


O Concello trae a Ferrol unha compañía fundada no ano 1989 por Sergey Radchenko, solista do teatro Bolshoi, que leva a escena o ballet de Tchaikovsy coa súa loita entre o ben e o mal representados polo cisne branco e o cisne negro. Participan 45 bailaríns e virtuosos solistas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar