Novas

xoves, 04 de novembro de 2021

O Concello e Kibus promoven visitas escolares ao mercado da Magdalena para concienciar aos menores no consumo saudable e responsable e coñecer os produtos locais e de tempada

O concelleiro de Mercados, Germán Costoya, anunciou esta mañá que xa hai apuntados arredor de 180 escolares de primaria de catro centros educativos. Os colexios interesados poden inscribirse no correo electrónico hola@kibus.online ou chamar ao número de teléfono 646 77 17 78


O Concello e Kibus promoven visitas escolares ao mercado da Magdalena para concienciar aos menores no consumo saudable e responsable e coñecer os produtos locais e de tempada

O Concello de Ferrol e Kibus van promover unha serie de visitas escolares ao mercado municipal da Magdalena para que os menores da cidade coñezan en primeira persoa a vida dos mercados de abastos, o comercio de proximidade, os produtos locais e de tempada e os hábitos de alimentación saudable. 


O concelleiro de Mercados, Germán Costoya, anunciou esta mañá que polo momento xa hai inscritos arredor de 180 alumnos de primaria de catro centros educativos. Os colexios interesados en participar poden reservar futuras datas en hola@kibus.online ou chamar ao número de teléfono 646 77 17 78. As primeiras visitas desenvolveranse nos meses de novembro e decembro os mércores e xoves en dous quendas, ás 10 e ás 11.30 horas. 

A iniciativa é froito da colaboración entre o Concello de Ferrol e Kibus co fin de concienciar desde idades temperás no consumo responsable, o desenvolvemento do comercio local e, en concreto, os mercados locais de abastos, promover unha alimentación saudable e o respecto co medio ambiente. Tamén se pretende dar visibilidade aos traballadores dos mercados de abastos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar