Novas

venres, 05 de novembro de 2021

O pleno aproba a operación de crédito para a execución dos investimentos do Orzamento 2021

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, lembrou que a liña de crédito dotará economicamente “proxectos ambiciosos” como a reurbanización das rúas Igrexa e Pardo Baixo, a humanización do primeiro quilómetro da estrada de Castela, o parque de Fontelonga ou a reurbanización das rúas Rubalcaba e Coruña


O pleno aproba a operación de crédito para a execución dos investimentos do Orzamento 2021

O pleno da corporación celebrou na tarde de onte unha sesión urxente e extraordinaria na que se aprobou cos votos a favor do PSOE, FeC e BNG e en contra do PP o crédito por importe de 14.636.530,35 euros para afrontar gran parte dos investimentos do Orzamento 2021, que ascende a 86.869.243 euros.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, explicou que a liña de crédito dotará economicamente “proxectos ambiciosos e importantes” para a cidade, como é o caso da reurbanización das rúas Igrexa e Pardo Baixo, a humanización do primeiro quilómetro da estrada de Castela, o parque de Fontelonga, a reurbanización das rúas Rubalcaba e Coruña, a rehabilitación da casa de Carvallo Calero, a rehabilitación das vivendas de Recimil ou o proxecto para as vías Manuel Belando e Nova de Caranza, entre moitos outros proxectos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar