Novas

sábado, 06 de novembro de 2021

Os veciños de Ferrol terán á súa disposición un total de 50 novos composteiros

A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, indicou esta mañá que os beneficiarios recibirán formación sobre o seu correcto manexo. O prazo de solicitude abre o luns, 8 de novembro, e o modelo de inscrición estará dispoñible na Sede Electrónica


Os veciños de Ferrol terán á súa disposición un total de 50 novos composteiros

Os veciños de Ferrol van contar nas próximas datas con 50 novos composteiros, tal e como anunciou esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, unha vez que no mes de setembro o Concello se adheriu ao Programa de Compostaxe Doméstica promovido por Sogama, entidade que proporciona os composteiros. 


A concelleira explicou que os veciños interesados poderán solicitalo a partir do próximo luns, 8 de novembro, a través da Sede Electrónica ou do Rexistro municipal, e indicou que a asignación farase por orde de presentación das solicitudes. 

Lamas engadiu que os beneficiarios obterán ademáis formación sobre o correcto uso e un seguimento da súa utilización durante un ano. “Hai preto de dez anos que non se poñían a disposición dos veciños de Ferrol novos composteiros”, explicou a concelleira. A cesión de Sogama ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar