Novas

luns, 08 de novembro de 2021

O Concello aumenta o prazo de inscrición para ‘Femicamp’, un obradoiro sobre igualdade dirixido a xente moza de entre 14 e 30 anos

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, indicou que as persoas interesadas poden anotarse a través do Rexistro municipal ou chamando á Casa da Xuventude (981 94 42 50). Inclúe cinco actividades os sábados de 10 a 14 horas


O Concello de Ferrol amplía ata o día 10 incluído o prazo de inscrición para participar nos meses de novembro e decembro en ‘Femicamp’, un obradoiro de balde que busca formar en igualdade dirixido a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos. A concelleira de Xuventude, Muller e Igualdade, Cristina Prados, anunciou que hai 15 prazas e as inscricións poden facerse no Rexistro municipal o chamando ao teléfono da Casa da Xuventude do Concello (981 94 42 50). 


A edil explicou que se trata de “formar desde idades temperás en igualdade para lograr unha sociedade mellor” e indicou que o obradoiro inclúe cinco sesións, todas elas en sábados, de 10 a 14 horas. A primeira sesión terá lugar o 13 de novembro e fará un percorrido pola historia do feminismo; na segunda, o 20 de novembro, abordarase unha introdución aos roles na parella e e as relacións afectivo sexuais; o día 27 analizarase o autocoidado, o benestar co corpo e a aceptación; o 4 de decembro profundarase nos roles de parella e, por último, o 11 de decembro, as persoas participantes realizarán unha ruta de senderismo por Ponzos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar