Novas

martes, 16 de novembro de 2021

O Concello continúa co obradoiro ‘Femicamp’, que o sábado 20 celebrará a súa segunda sesión

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, indicou que os interesados poden anotarse no número da Casa da Xunventude, no 981 94 42 50


O Concello continúa co obradoiro ‘Femicamp’, que o sábado 20 celebrará a súa segunda sesión

O Concello celebra ata final de ano Femicamp, un obradoiro de balde que busca formar en igualdade dirixido a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos. A concelleira de Xuventude, Muller e Igualdade, Cristina Prados, anunciou que as inscricións poden facerse no Rexistro municipal o chamando ao teléfono da Casa da Xuventude do Concello (981 94 42 50).


A edil explicou que se trata de “formar desde idades temperás en igualdade para lograr unha sociedade mellor” e indicou que o obradoiro inclúe cinco sesións, todas elas en sábados, de 10 a 14 horas, na Casa da Xuventude (rúa Almendra, 9).

A primeira xa se celebrou e a segunda terá lugar este sábado, 20 de novembro, para abordar unha ntrodución sobre os roles e as emocións na parella, entre outros asuntos, con Sara Vierna, educadora social e experta en xénero e educación emocional.

O día 27 analizarase o autocoidado, o benestar co corpo e a aceptación, o 4 de decembro profundarase nos roles de parella e, por último, o 11 de decembro, as persoas participantes realizarán unha ruta de senderismo por Ponzos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar