Novas

martes, 16 de novembro de 2021

O Concello celebra o Día Mundial do Patrimonio Histórico co deseño dunha web e unha marca sobre a candidatura

A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, anunciou esta mañá que ambos proxectos se atopan actualmente en proceso de adxudicación. A edil sinalou que o Castelo de San Felipe recibiu no último ano, desde o 15 de novembro ata onte, preto de 27.570 visitas


O Concello celebra o Día Mundial do Patrimonio Histórico co deseño dunha web e unha marca sobre a candidatura

 O Concello de Ferrol celebrou hoxe o Día Mundial do Patrimonio Histórico co anunciou do deseño dunha nova páxina web e unha marca sobre a candidatura da cidade a Patrimonio Mundial 'Ferrol, Puerto de la Ilustración', tal e como indicou esta mañá a concelleira de área, Eva Martínez Montero, quen resaltou que ambos proxectos se atopan actualmente en proceso de adxudicación. O goberno de Ángel Mato, dixo, “está a traballar intensamente en consolidar unha proposta forte e sólida sobre a nosa candidatura ao tempo que divulgar todo o contido da mesma”. 


Nun día como hoxe a edil fixo balance do estado do expediente da candidatura. Na actualidade “estamos pendentes, desde hai meses, dunha reunión coa dirección xeral de Patrimonio para intercambiar opinións entre os equipos técnicos tanto do Concello como da Xunta sobre o documento”. 

Unha batería de accións entorno á candidatura
 de Ferrol Martínez Montero tamén avanzou esta mañá que o Concello está ultimando un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para financiar a posta en marcha dunha batería de accións “orixinais e atractivas que permitan á veciñanza coñecer a nosa candidatura e tomen conciencia da relevancia dos bens incluídos nela”, como é o caso do Castelo de San Felipe. A fortaleza, anunciou a edil, recibiu no último ano, desde o 15 de novembro do pasado ano ata onte, preto de 27.570 visitas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar