Novas

xoves, 18 de novembro de 2021

O Concello abrirá por primeira vez á cidadanía as portas ao Patrimonio Invisible da cidade

A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, trasladou esta mañá aos grupos municipais durante a comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico que a iniciativa terá lugar entre o 15 e o 18 de decembro. Trátase de promover visitas guiadas a lugares que habitualmente están pechados ao público “para que os veciños coñezan bens cun valor patrimonial, histórico e cultural único e indiscutible”. A edil de Muller e Igualdade, Cristina Prados, deu conta das conclusións da avaliación do III Plan municipal de Igualdade


O Concello abrirá por primeira vez á cidadanía as portas ao Patrimonio Invisible da cidade

O Concello vai abrir as portas ao Patrimonio Invisible da cidade nunha nova iniciativa de cara a promover a riqueza patrimonial de Ferrol, tal e como trasladou esta mañá a concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, aos grupos municipais durante a comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico celebrada esta mañá. A edil explicou que a Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol, que nesta primeira edición se desenvolverá de xeito experimental, terá lugar entre os días 15 e 18 de decembro co obxectivo de ensinar á poboación “tesouros da cidade, habitualmente pechados, a través de visitas guiadas de pequenos grupos para que os usuarios coñezan inmobles cun valor patrimonial, histórico e cultural único e indiscutible”. Martínez Montero adiantou que nas próximas datas se dará a coñecer a relación dos espazos e o procedemento para inscribirse. 


A edil lembrou que esta iniciativa xa se desenvolve en cidades como Pontevedra e Santiago “cunha moi boa acollida por parte dos veciños” e insistiu no “esforzo” que está a facer o goberno de Ángel Mato por “incentivar o interese da veciñanza polo patrimonio da nosa cidade, un recurso do que temos que estar moi orgullosos”. 

Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, deu conta na comisión das conclusións do III Plan municipal de Igualdade (20215-2019) e lembrou que na actualidade se están a desenvolver os foros de debate entre asociacións, colectivos e particulares de cara á redacción do IV Plan. A edil explicou que a avaliación do III revela que “existe unha sensibilidade elevada á hora de utilizar a comunicación non sexista a nivel institucional” e indicou que o nivel formativo en materia de igualdade nas diferentes áreas técnicas é “diverso” ao tempo que “mostran interese nun futuro programa formativo”. Indicou que se puxeron en marcha mecanismos que fomentan a coordinación interna e interinstitucional en materia de prevención e atención en casos de violencia de xénero e apuntou que se percibe un “aumento tanto da participación como da relación institucional con axentes sociais, especialmente co tecido social de mulleres”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar