Novas

luns, 22 de novembro de 2021

O goberno local aproba o proxecto para rehabilitar as envolventes dos números 3 e 4 da rúa Somozas, en Recimil, por máis de 368.000 euros

O voceiro, Julián Reina, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto básico e de execución. Trátase dunha obra cofinanciable polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa Operativa Plurirregional de España Feder 2014-2020 ao abeiro da Estrategia de Desarrollo Urbano Sostible e Integrado Edusi


O goberno local vén de aprobar hoxe mesmo en Xunta de Goberno Local o proxecto básico e de execución de rehabilitación da envolvente para a mellora da eficiencia enerxética dos números 3 e 4 da rúa Somozas, en Recimil. O voceiro do goberno local explicou esta mañá que esta actuación, que servirá para dar continuidade á rehabilitación no barrio, conta cun orzamento é de 368.701,47 euros (IVA incluído). A obra é unha operación cofinanciable polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 ao abeiro da Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (Edusi) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. 


Entre as obras que se levarán a acabo está o desmonte completo da cuberta e estrutura actual para executar unha nova de madeira con illamento térmico, lámina impermeabilizante e tella. Colocaranse canalóns e baixantes de zinc, instalaranse marquesinas sobre os accesos aos portais, revestirase a fachada cun sistema illante, substituiranse as carpinterías exteriores con ventás dunha soa folla de aluminio de apertura oscilo-batiente, reconstruiranse chemineas, colocaranse ventilacións, instalaranse antenas e novas acometidas, habilitarse iluminación natural e artificial do espazo baixo cuberta, soterrarase o cableado aéreo de electricidade e telefonía e intervirase nas acometidas de gas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar