Novas

martes, 04 de xaneiro de 2022

Preto de 3.000 persoas visitaron xa a exposición ‘Retallos da Terra Media’, no Antigo Hospicio ata o próximo domingo

A concelleira de Xuventude, Igualdade e Muller, Cristina Prados, lembrou esta mañá que a mostra conta con máis de cen pezas das sagas ‘O Señor dos Aneis’ e ‘Xogo de Tronos’


Preto de 3.000 persoas visitaron xa a exposición ‘Retallos da Terra Media’, no Antigo Hospicio ata o próximo domingo

Preto de 3.000 persoas visitaron xa a exposición promovida polo Concello de Ferrol ‘Retallos da Terra Media’, aberta desde o pasado 22 de decembro no Antigo Hospicio (rúa Méndez Núñez, 11). A concelleira de Xuventude, Igualdade e Muller, Cristina Prados, lembrou esta mañá que a mostra conta con máis de cen pezas das sagas ‘O Señor dos Aneis’ e ‘Xogo de Tronos’ e pode visitarse ata o próximo 9 de xaneiro de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas. 


A edil, quen visitou a exposición no momento da súa apertura ao público, explicou que a iniciativa “está a ter moi boa acollida entre aficionados de todas as idades”. Os visitantes, dixo, “poden gozar da imaxinación e ficción de dúas sagas que contan cun impacto indiscutible”. A sala conta cun aforo de 20 persoas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar