Novas

martes, 11 de xaneiro de 2022

O Concello celebrará a XXXVIII Carreira de San Xiao o próximo 23 de xaneiro

O edil de Deportes, Antonio Golpe, anunciou que as inscricións deben facerse na páxina web https://www.carreirasgalegas.com/


O Concello celebrará a XXXVIII Carreira de San Xiao o próximo 23 de xaneiro

O Concello de Ferrol vai celebrar a tradicional carreira de San Xiao o próximo 23 de xaneiro, a partir das 11 horas. Esta XXXVIII edición estará aberta a todos os atletas ata un máximo de 600, federados ou non, tal e como explicou esta mañá o concelleiro de Deportes, Antonio Golpe. 


O percorrido será de dez quilómetros e tanto a saída como a chegada situaranse nas proximidades do pavillón municipal de Esteiro. As inscricións poderán efectuarse desde hoxe, 11 de xaneiro, ata as 22 horas do día 20 de xaneiro a través da páxina www.carreirasgalegas.com ou ata rematar dorsais. Haberá un máximo de 600 par as categorías absolutas e 40 por categoría para as de menores. A retirada de chips e dorsais poderase efectuar no pavillón polideportivo da Malata ao longo do venres 21 de xaneiro (de 16:30 a 20:30) e o sábado 22 (de 9.30 a 13.30 e de 16:30 as 20:30 horas). Tamén o domingo 23 de xaneiro, de 8 a 10:30 horas, no pavillón de Esteiro. 

Premiarase aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores. A entrega de trofeos terá lugar ao finalizar a carreira, sobre as 12:30 horas, e o desenvolvemento desta edición cumprirá coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da situación xerada pola covid-19. 

Pode consultarse tanto o percorrido como o regulamento desta XXXVIII carreira de San Xiao na web https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xxxviii-carreira-popularsan-xiao/2b55c570-7762-c24d-7bc0-3a0131eeab1b

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar