Novas

xoves, 13 de xaneiro de 2022

As actividades promovidas polo Concello para a tempada de Nadal recibiron preto de 57.400 persoas

Unhas 26.900 pasaron polo Mercado de Nadal, 6.400 pola pista de xeo, preto de 5.000 pola carpa da Praza de Armas, 14.000 visitaron a feira de arte ‘Regalarte’ e 5.130 a exposición municipal ‘Retallos da Terra Media’


As actividades promovidas polo Concello para a tempada de Nadal recibiron preto de 57.400 persoas

As actividades promovidas polo Concello de Ferrol durante a tempada de Nadal recibiron preto de 57.400 persoas entre a pista de xeo, o Mercado de Nadal, a carpa instalada na Praza de Armas, a feira de arte ‘Regalarte’ e a exposición ‘Retallos da Terra Media’. Preto de 6.400 persoas gozaron da pista de xeo que o Concello de Ferrol instalou na Alameda de Suances entre os días 17 de decembro e o 9 de xaneiro, tal e como explicou a concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus, o que supón unha media de 266 visitas ao día, a maioría de Madrid, Coruña, Fene, As Pontes e Barcelona. A edil valorou a cifra como “moi positiva” e indicou que a instalación desta infraestrutura “logrou dinamizar a actividade tanto económica como comercial do centro da cidade durante a tempada de Nadal”. 


Outro dos reclamos foi o tradicional Mercado de Nadal, que este ano se colocou na Alameda de Suances. Contou con 12 postos, a maioría con produtos artesáns, doces, adornos, bixutería, roupa, flores e complementos. Desde o 3 de decembro ata o 9 de xaneiro pasaron por el 26.854 persoas, máis de 700 ao día. A concelleira resaltou que ao igual que o pasado ano, o Mercado de Nadal “tivo boa acollida entre os veciños da cidade e as persoas que nos visitaron durante as festas, máis aínda tendo en conta que o tempo non acompañou durante parte dos días festivos”. 

Pola súa banda, a carpa de Nadal, aberta desde o 17 de decembro ata o 5 de xaneiro na Praza de Armas, recibiu preto de 5.000 persoas nas diferentes actividades, sempre cun aforo limitado a 200 persoas ao mesmo tempo. Máis de 3.000 persoas acudiron aos concertos, uns 1.350 nenos gozaron da ludoteca, cun aforo máximo de 15 menores, e mais de 400 persoas asistiron aos diferentes showcookings. O edil de Festas, Antonio Golpe, destacou que “esta infraestrutura acolleu numerosas actuacións dirixidas a todos os públicos”. 

Outra das actividades que tiveron lugar durante a tempada estival foi a primeira edición do Mercado de arte ‘Regalarte’, que recibiu máis de 14.000 visitantes en apenas cinco días. Pola súa banda, á mostra municipal ‘Retallos da Terra Media’, que permaneceu aberta no Antigo Hospicio desde o 22 de decembro ata o 9 de xaneiro, acudiron 5.130 persoas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar