Novas

xoves, 12 de maio de 2022

O Concello saca a licitación as obras para rehabilitar a envolvente dos número 3 e 4 da rúa Somozas, en Recimil

As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o vindeiro 30 de maio ás 23.59 horas


O Concello de Ferrol vén de publicar no seu perfil da Plataforma de Contratación do Sector Público o anuncio de licitación do contrato para executar a rehabilitación da envolvente dos números 3 e 4 da rúa Somozas, no barrio de Recimil. Trátase dunha operación cofinanciable nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. O orzamento base de licitación é de 368.701,47 euros (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de cinco meses. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o vindeiro 30 de maio ás 23.59 horas. 


Entre os traballos a realizar atópase o revestimento da fachada cun sistema illante (sistema integral de fachada tipo SATE) e a substitución das carpinterías exteriores por fiestras dunha soa folla de aluminio de apertura oscilo-batente, con rotura de ponte térmica, vidro dobre con cámara e microaireadores. Tamén se levará a cabo o desmonte completo da cuberta e estrutura actual para executar unha nova de madeira con illamento térmico, lámina impermeabilizante e tella. Instalaranse canles e baixantes de zinc, marquesiñas sobre os accesos aos portais, colocaranse ventilacións, habilitarase iluminación natural e artificial do espazo baixo cuberta, soterraranse os cables aéreos de electricidade e telefonía e intervirase nas acometidas de gas. 

Con esta actuación preténdese mellorar a eficiencia enerxética do edificio de vivendas e as súas condicións térmicas e de estabilidade, dando solución á falta de illamento térmico en toda a envolvente do edificio e ao mal estado da cuberta.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar