Novas

mércores, 01 de xuño de 2022

O Concello contratará a partir de xullo a 20 persoas perceptoras da Risga

O programa inclúe o emprego temporal de cinco peóns, dous limpadores, oito auxiliares administrativos e cinco ordenanzas a través dunha subvención autonómica


O Concello de Ferrol contratará próximamente a 20 persoas en situación ou en risco de exclusión social, perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga). Será a través dun programa autonómico que subvenciona este tipo de contratos e que nesta ocasión achegará 246.479,04 euros para ese fin. 


Esta medida servirá para cubrir durante nove meses cinco prazas de peón, dúas de limpador, oito de auxiliar administrativo e cinco de ordenanza na Administración local, ao tempo que se lles ofrece a esa vintena de persoas unha oportunidade laboral que sirva para mellorar no futuro a súa empregabilidade. A previsión é que este persoal comece a traballar este mesmo verán, antes do inicio do mes de xullo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar