xoves, 02 de xuño de 2022
O Concello colabora na 31º Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que comeza o sábado no Cantón de Molíns
Estará aberta ao público ata o próximo 19 de xuño en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Participarán catro librerías, unha de Ponferrada e tres de Madrid, con libros descatalogados e tesouros bibliográficos
O Concello de Ferrol continúa coas actividades de dinamización da cidade durante as fins de semana. Neste ocasión a través da colaboración un ano máis coa Federación de Librarías de Galicia no desenvolvemento da Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que este ano vai alcanzar a súa 31 edición.
Estará aberta ao público desde este sábado, 4 de xuño, ata o 19 de xuño, na Praza
da Constitución (Cantón de Molíns) en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Nesta ocasión participarán catro librerías, unha de Ponferrada e tres de Madrid, con
libros descatalogados e tesouros bibliográficos. Expoñerán as súas obras Librería Cajón
Desastre (Ponferrada), El Mundo de los Minilibros, Madrid Books e Lorca Libros. A
finais do pasado mes de abril celebrouse en Ferrol a Feira do Libro.