xoves, 02 de xuño de 2022
O alcalde inaugura mañá o curso de verán sobre enerxías renovables do Campus Industrial
Ángel Mato abrirá no salón do Antigo Hospicio o ciclo, que está aberto a empresas e público en xeral. Abordaranse asuntos como a enerxía eólica offshore, a solar e eficiencia enerxética, as enerxías maremotriz e undimotriz, pistas e reflexións sobre a transición enerxética, o hidróxeno verde e a situación actual e futuro das enerxías renovables

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, inaugurará mañá venres, ás 20 horas no salón do Antigo Hospicio, o primeiro curso de verán do Campus Industrial sobre enerxías renovables, que se estenderá ata o 14 de xullo. Celebraranse sesións os días 3, 16, 23 e 30 de xuño e 7 e 14 de xullo, todas ás 20 horas.