Novas

xoves, 02 de xuño de 2022

O Concello abre o prazo para solicitar autorización para as luminarias de San Xoán e San Pedro

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 20 de xuño


O Concello de Ferrol vén de abrir o prazo para solicitar autorización para realizar na cidade luminarias en San Xoán e San Pedro, que se poderán desenvolver do mesmo xeito que o pasado ano e sen restrición algunha pola covid-19. 


As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 20 de xuño e poden atopar toda a información no Portal do Cidadán do Concello de Ferrol, no enlace https://bit.ly/3MareyU. As solicitudes poden presentarse de xeito telemático a través do Rexistro electrónico, descargar os impresos desde esta páxina ou acudir ao Rexistro do Concello de Ferrol, onde facilitarán ditos formularios impresos. 

Como é habitual, quedan prohibidas as luminarias en terreos de dominio público. No Portal do Cidadán atópanse as recomendacións en materia de seguridade, como a distancia respecto a zonas con árbores, mobiliario, o combustible empregado ou a dimensión máxima permitida da luminaria, así como os número de teléfono en caso de emerxencia. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar