Novas

venres, 03 de xuño de 2022

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2022

Programación para o venres 3, o sábado 4 e o domingo 5 de xuño


DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2022

Venres 3, 16.30 horas: Curso sobre Medio Ambiente e especies autóctonas na Aula de Ecoloxía Urbana (Cantón de Molíns) a cargo do graduado en Paisaxe Álvaro Alfaro. Prazas: 25. Inscricións de balde en 981 944 160.

Sábado 4, de 11.30 a 13 horas: As mascotas ‘Os Perrecicladores’ percorrerán no centro da cidade. Pel, Tico e Idro mostrarán a importancia de reducir, reciclar e reutilizar.

Domingo 5, de 11 a 14 horas: Desenvolveranse no Cantón de Molíns tres obradoiros de xeito continuado para os que non é necesaria previa inscrición. Un será para elaborar maceteiros de papel e plantación dunha semente para levar a casa, outro para construír comedeiros para aves e un terceiro para facer unha pequena cociña solar. Tamén se desenvolverán varios paseos interpretativos polo Cantón con expertos en medioambiente para observar aves, plantas e insectos. Recoméndase acudir con prismáticos aínda que se prestará material.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar