Novas

venres, 03 de xuño de 2022

O Concello abre o luns o prazo para os campamentos de balde de verán, que ofrecen 440 prazas entre a zona urbana e rural

Un centenar destinaranse ao ámbito rural e 340 ao urbano. Do total, 270 corresponden ao mes de xullo e 170 a agosto. Toda a información no Taboleiro de Anuncios, no enlace https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/615


O Concello de Ferrol abrirá o luns, 6 de xuño, o prazo para os campamentos municipais de balde para este verán. Ofértanse 440 prazas, 100 no rural e 340 no ámbito urbano. Do total, 270 corresponden ao mes de xullo e 170 a agosto. O prazo de inscrición rematará o día 15 de xuño incluído e pode a atoparse toda a información no Taboleiro de Anuncios do Concello, no enlace https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/615


A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, apuntou esta mañá que os campamentos rurais levaranse a cabo no local da asociación e veciños de Esmelle e os urbanos nos CEIP de Recimil e Ponzos. O servizo prestarase de luns a venres, agás festivos, no horario ordinario de 9.30 horas a 13.30 horas con posibilidade de amplialo entre as 8.30 e as 14.30 horas. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 14 horas e é requisito imprescindible que o menor estea empadroado no Concello de Ferrol. 

As solicitudes seguirán unha rigorosa orde de inscrición e de acordo cos criterios establecidos de preferencia. O programa está dirixido a menores con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Deben ter os 3 anos cumpridos o 1 de xullo e non cumprir os 14 anos antes do 1 de setembro. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar