martes, 07 de xuño de 2022
Julián Reina reuniuse con representantes veciñais de San Xoán-Bertón para abordar asuntos de interese para o barrio
O concelleiro de Urbanismo explicou que trataron asuntos como as posibles solucións urbanísticas para o último tramo da rúa Basanta e a praza de Rosalía de Castro

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, reuniuse recentemente con representantes veciñais de San Xoán-Bertón para escoitar as súas inquedanzas e tratar asuntos de interese para o barrio “na liña de manter contacto permanente coas entidades veciñais”, apuntou o edil.
Nesta ocasión, Reina e os veciños do barrio abordaron en primeiro lugar posibles
solución urbanísticas para o último tramo da rúa Basanta, o soterramento de cables neste
punto e diferentes cuestións de accesibilidade no barrio. Tamén estudaron varias opción
para dar continuidade á remodelación da Praza de Rosalía de Castro, entre elas rebaixar
o nivel da rotonda ao nivel da vía e redistribuír o tráfico co fin de gañar espazo para o
peón.
Durante o encontro, que se celebrou na sede da concellería de Urbanismo, Reina e
os veciños tamén abordaron as futuras xestións para a recuperación da ruína a antiga
Maderas Fernández.