martes, 07 de xuño de 2022
O Concello publica as bases que regulan a subvención de actividades de reactivación e promoción económica de Ferrol para 2022, que suman 135.000 euros para entidades da cidade
Pode consultarse toda a información no Taboleiro de Anuncios do Concello, no enlace https://cutt.ly/CJAKoXy. O prazo para presentar solicitudes abrirá unha vez se publique no BOP o extracto da convocatoria, nos próximos días. Está dirixida aos sectores do comercio, hostalería e mercados e asociacións empresariais

O Concello de Ferrol vén de publicar hoxe mesmo no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases reguladoras específicas para a subvención de actividades de reactivación e promoción económica do Concello de Ferrol para o ano 2022. Pode consultarse toda a información no Taboleiro de Anuncios do Concello, no enlace https://cutt.ly/CJAKoXy.