O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, participou esta mañá na
Xornada ‘Tendencias y soluciones digitales para el sector naval’, que tivo lugar no
Cesena, o Centro de Excelencia do Sector Naval, en Ferrol, onde resaltou a súa función
como centro “tecnolóxico e vital” para unha “cidade referente dentro do sector naval
español”. Na “investigación e innovación, o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a
retención do talento está o futuro de Ferrol, o futuro industrial da construción naval e o
futuro de España como país altamente competitivo neste sector”. Que o Cesena se
instalara en Ferrol, lembrou, “era algo irrenunciable”.
A xornada reuniu a expertos nacionais e internacionais no sector naval. Na súa
intervención, o alcalde ferrolán insistiu na necesidade de que a iniciativa público-privada
xunto cos centros universitarios e de formación “traballen unidos tamén para
proporcionar os coñecementos máis actuais aos futuros profesionais”.
Sobre o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica
para a Industria Naval, o Perte Naval, recentemente aprobado en Consello de Ministros, Mato lembrou que é un pilar “decisivo” no camiño da “dixitalización e sostenibilidade do
sector cunha estratexia basada no crecemento económico, no emprego e a
competitividade”. É, dixo, unha “oportunidade magnífica, histórica”, para manter o
“liderazgo da nosa industria”.
O alcalde resaltou que a transformación dixital fará nosa industria “máis eficiente,
xerará máis emprego —emprego de calidade —, e outorgará maior formación”. Todo elo
“acompañado da diversificación, sobre todo alienada coa transición enerxética, insistindo
nas capacidades que o naval desenvolveu durante os últimos anos respecto á eólica
mariña. “Nesta decidida aposta España, e dun modo moi destacado Ferrol, é un referente”.
Neste punto, Mato lembrou que esta mesma semana presentou ao secretario xeral de
Industria e da PEME do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Raúl Blanco, xunto
a responsables de Nervión Naval Offshore o proxecto de planta de ensamblaxe de
estruturas de eólica mariña que a empresa ten proxectado na cidade de Ferrol.
“Ferrol está nunha posición envexable en canto á eólica mariña, tanto fixa como
flotante”, reiterou Mato, e apostou pola implantación nas costas españolas dun parque
eólico offshhore. Temos “un excelentísimo recurso” e todas as administracións “deben
traballar para que a través destes dispositivos podamos ensinar ao mundo o noso bo
facer”. “Estamos ante un gran momento de oportunidades”, apuntou.