xoves, 16 de xuño de 2022
O Concello remata o novo aglomerado do camiño Rioxunto-A Cancela, en Esmelle
Destináronse 89.000 euros a renovar un viario de 1.180 metros de lonxitude que da acceso a numerosas vivendas

O Concello de Ferrol vén de rematar unha nova actuación no firme de viarios na parroquia de Esmelle, neste caso o aglomerado do camiño RioxuntoA Cancela. Trátase dunha intervención incluída no Plan de Obras e Servizos POS+2021 á que se destinou preto de 89.000 euros para a renovación total do firme do camiño, incluídos os cruces con rúas adxacentes, e o pintado de nova sinalización de tráfico.
O camiño Rioxunto-A Cancela conta cunha lonxitude de 1.180 metros e un ancho
medio de calzada de catro metros. Tal e como lembrou esta mañá a concelleira
responsable de Obras, Servizos e Medio Rural, Ana Lamas, o viario da acceso a
numerosas vivendas.