xoves, 16 de xuño de 2022
O alcalde avánzalles aos veciños de Santa Icía os detalles da obra de reparación do camiño do Cano
Ángel Mato explicoulles en que consiste o proxecto, que contempla a renovación total do firme nun tramo de máis de 400 metros de lonxitude que da acceso a varias vivendas

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, mantivo recentemente unha reunión con representantes veciñais de Santa Icía para abordar asuntos de interese para o barrio e anunciarlles un novo proxecto de aglomerado, o do Camiño do Cano, que se vai acometer próximamente. Mato estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Julián Reina, e a edil responsable da área de Medio Ambiente, Obras e Zona Rural, Ana Lamas.