Novas

xoves, 16 de xuño de 2022

O Concello renova o chan do parque infantil de Caranza e acondicionará o mobiliario urbano da contorna

A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, apuntou que tamén se repararon elementos que se atopaban en mal estado


O Concello renova o chan do parque infantil de Caranza e acondicionará o mobiliario urbano da contorna

O Concello de Ferrol continúa cos traballos de reparación e mellora nos distintos parques infantís da cidade. Esta semana está a rematar a renovación completa do chan do da rúa Juan de Austria, en Caranza, localizado tras o centro cívico do barrio. Substituíuse o caucho por outro novo continuo e de cores e reparáronse elementos en mal estado. 


A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, anunciou que ademais o Concello vai proceder á mellora do mobiliario urbano na contorna do parque infantil. Reubicarase a varanda, instalaranse novas papeleiras e acondicionaranse os bancos existentes. 

Nas últimas semanas, o Concello de Ferrol actuou en numerosos parques infantís da cidade, como os de San Pablo, Toxos e Flores, Rosalía de Castro, o da avenida de Castelao, Baluarte de Canido ou no de San Xoán de Filgueira, entre outros. Na actualidade, o Concello está a destinar preto de 530.000 euros á modernización e humanización do parque de Fontelonga, en Caranza. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar