xoves, 16 de xuño de 2022
Ángel Mato celebra a incorporación de 36 efectivos á comisaría da Policía Nacional “para seguir facendo de Ferrol unha cidade segura”
O alcalde lembrou que se trata dunha petición que lle fixo hai só un mes á subdelegada do Goberno, á que agradeceu a rápida resposta ás demandas que formula o Concello. María Rivas destacou que o incremento do número de axentes é posible grazas ás convocatorias de emprego público que se desenvolven na actualidade, logo do parón anterior ao 2018

O alcalde, Ángel Mato, e a subdelegada do Goberno, María Rivas, informaron esta mañá de que a comisaría do Corpo Nacional de Policía en Ferrol contará a partir deste verán con 36 efectivos máis. Tras unha reunión na que tamén participaron os concelleiros de Seguridade, Germán Costoya, e Benestar Social, Eva Martínez Montero, xunto co xefe da Policía Local, o xefe superior de Policía en Galicia e o novo comisario provincial.