Novas

mércores, 22 de xuño de 2022

Julián Reina lembra que “os ferroláns perderán mais dun millón e medio de euros” concedidos por Europa se o pleno da próxima semana “non aproba o PMUS”

O concelleiro de Urbanismo indicou tras a comisión informativa da área que “a transformación completa do primeiro quilómetro da estrada de Castela depende de que a corporación aprobe o documento”. Explicou que o novo documento elaborouse co material recopilado nos últimos tres anos, nos que se celebraron mesas de traballo cos grupos políticos e diferentes asociacións, entrevistas cos grupos municipais e unha enquisa cidadá co fin de “recoller as percepcións de todos”. Lembrou que o debate comezou no ano 2009, cando se redactou o PMUS que revisa e actualiza o PMUS 2021. “Trece anos de debate son máis que suficientes, é momento de mirar cara ad


Julián Reina lembra que “os ferroláns perderán mais dun millón e medio de euros” concedidos por Europa se o pleno da próxima semana “non aproba o PMUS”

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Julián Reina, informou esta mañá tras a comisión de área que o pleno municipal da próxima semana debaterá a aprobación inicial do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Ferrol 2021- PMUS 2021, composto polo Plan de Mobilidade e Espazo Público redactado en 2009 xunto coa addenda ao mesmo, que diagnostica a situación actual de Ferrol en materia de mobilidade desde a redacción do PMUS 2009 ata mediados de 2021.


O edil lembrou que a aprobación do documento “é fundamental para os ferroláns e para a cidade”, posto que del depende que Ferrol poda optar a numerosas subvencións. Reina volveu a insistir en que “os ferroláns perderán mais dun millón e medio de euros de fondos europeos xa concedidos para transformar por completo o primeiro quilómetro da estrada de Castela se o pleno da próxima semana non aproba o PMUS”. É un documento “imprescindible” para poder concorrer a diversas axudas a municipios tamén por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, apuntou. 

Reina anunciou que FeC ditaminou a favor e o Partido Popular e o BNG reservaron o voto para o pleno. “¿Que gaña a cidade se os grupos non apoian o PMUS? Absolutamente nada”, dixo Reina. Este goberno “non vai renunciar a que este documento se aprobe no próximo pleno”. 

Dita addenda revisa as propostas e os obxectivos que perseguía o PMUS 2009 tendo como referencia tanto a sustentabilidade como a mobilidade sostible e o actual modelo de cidade para coñecer o seu grao de implantación, tal e como explicou Reina. Tamén pormenoriza a diagnoses e os obxectivos nos diferentes modos de desprazamento que se dan na cidade. Trátase dunha actuación cofinanciable nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España Feder 2014-2020. Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) “RÍA DE FERROL, CIDADE 2020”. 

Un documento revisable e adaptable á realidade da cidade
Reina explicou esta mañá que o PMUS que debaterá o pleno a próxima semana propón medidas “ordenadas e ben meditadas” nun documento “revisable e adaptable” á realidade da cidade. “Non é un documento pechado nin hermético”. É, insistiu, “un plan que recolle unha estratexia para converter Ferrol nunha cidade máis ordenada e amable para os ferroláns, ese é noso modelo de cidade”. Por enriba do debate político “todos os integrantes do pleno temos a responsabilidade de non limitar as posibilidades de crecemento da nosa cidade”, polo que “pedimos colaboración para sacar adiante este importante documento”.

Froito de tres anos de traballo 
Reina explicou que o PMUS que se debaterá no próximo pleno elaborouse co material recopilado nos últimos tres anos nos que se celebraron mesas de “intenso traballo” no marco da Mesa pola Mobilidade cos grupos políticos, diversas asociacións (como ecoloxistas e veciñais), entrevistas cos grupos municipais e unha enquisa cidadá co obxectivo de “recoller as percepcións de todos”. Neste documento, dixo, “podémonos sentir todos representados”. 

O concelleiro lembrou que o debate comezou no ano 2009, cando se redactou o PMUS que revisa e actualiza o PMUS 2021. Pos ben, “trece anos de debate son máis que suficientes, é momento de mirar cara adiante e permitir que Ferrol avance”. 
















Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar