Novas

xoves, 01 de setembro de 2022

O Concello avanza nos traballos de desbroce no rural con sete tractores e traballo manual

A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, reuniuse esta semana con veciños de San Xurxo para abordar a planificación dos traballos que se están a levar a cabo na parroquia. Esta mesma semana estase a intervir en San Xurxo, Doniños, San Felipe, Pazos e Esmelle


O Concello avanza nos traballos de desbroce no rural con sete tractores e traballo manual

O Concello de Ferrol está a continuar os traballos de desbroce na zona rural. Tras actuar en vías e camiños de titularidade municipal de parroquias como Valón ou Esmelle, recentemente no de Lodeiro, esta mesma semana estase a traballar en San Xurxo, Doniños, San Felipe e Pazos e continúase en Esmelle. Precisamente para abordar a planificación destes días, a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, reuniuse este martes cos veciños de San Xurxo tras supervisar hai uns días a evolución dos desbroces en Esmelle. 


Nos traballos estanse a utilizar por parte da empresa Tragsa un total de sete tractores desbrozadores: dous con desbrozadora lateral e cinco con brazo articulado, un deles de menor tamaño para lugares de difícil acceso. 

A esta maquinaria súmase ademais persoal que desenvolve traballos manuais naquelas zonas nas que os tractores non chegan. Tamén está a executar traballos de desbroce a brigada municipal. “Estamos empregando maquinaria e técnicas moi innovadoras”, detallou a concelleira.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar