Novas

venres, 02 de setembro de 2022

O Concello inicia o pago da última liña das axudas a pemes e autónomos dirixidas a paliar os efectos da crise económica pola covid-19, que en total suman máis de 3,5 millóns de euros

Esta última convocatoria está a aboar 314.598,78 euros a 248 emprendedores


O Concello de Ferrol xa comezou a aboar as axudas municipais da terceira e última liña do PAME-3, o Plan de Mantemento e Impulso da Actividade Económica posto en marcha pola Administración local para paliar os efectos da crise económica provocada pola covid-19 e que da continuidade ao PAME, que á súa vez tivo dous liñas. 


En base a esta última convocatoria, que naceu co remanente das liñas 1 e 2 do PAME-3 (dotadas con 1.800.000 euros: 1.000.000 euros achegados polo Concello de Ferrol e o resto pola Deputación da Coruña), repartiranse 314.598,78 euros. 

Co pagamento en curso desta última liña conclúe un programa de axudas ás pemes e autónomos que puxo en marcha o Concello de Ferrol na primavera de 2020 para paliar os efectos económicos da grave crise sanitaria. Desde a súa posta en marcha concedéronse un total de 3.578.139,79 euros.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar