Novas

sábado, 03 de setembro de 2022

O alcalde destaca na inauguración da primeira exposición de PhotoESPAÑA en Ferrol o “esforzo” do Concello por promover a fotografía

Ángel Mato e a presidenta de PhotoESPAÑA, Claude Bussac, percorreron esta mañá a mostra ‘Tiempo y memoria. Fotografía española contemporánea’ Reúne obras de 12 autores recoñecidos co Premio Nacional de Fotografía e pode visitarse na Praza de Armas ata o 15 de outubro


O alcalde destaca na inauguración da primeira exposición de PhotoESPAÑA en Ferrol o “esforzo” do Concello por promover a fotografía

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presidiu esta mañá na Praza de Armas a inauguración da exposición ‘Tiempo y memoria. Fotografía española contemporánea’, a primeira que desembarca na cidade da man do Festival PhotoESPAÑA no ano no que esta cita coa cultura cumpre 25 anos. O rexedor estivo acompañado pola directora de PhotoESPAÑA, Claude Bussac, e a coordinadora xeral, María Pallás. 


A exposición ‘Tiempo y memoria. Fotografía española contemporánea’, mostrará en Ferrol ata o 15 de outubro a obra de 12 autores reconocidos co Premio Nacional de Fotografía. Mato destacou o “esforzo” que está a facer o Concello de Ferrol nos últimos anos “para promover a disciplina da fotografía coa participación en citas como o prestixioso Festival PhotoESPAÑA e recentes exposicións como a de Shadi Ghadirian ou Cristina García Rodero”, lembrou, “e tamén apoiando o excelente talento co que contamos a nivel local e divulgando numerosas exposicións colectivas de fotografía”. 

Unha nova iniciativa municipal para dinamizar a cidade
Para o Concello de Ferrol “é auténtico placer formar parte por primera vez do Festival FhotoEspaña” e deste modo “seguir promoviendo a actividad ao aire libre e achegar o arte á rúa con ofertas culturales como esta, que dinamicen a ciudad e polo tanto tamén a súa actividad económica”. “Estou seguro que esta exposición, que ademais coincide co Festival Meninas de Canido, atraerá a moitísimos visitantes interesados pola fotografía”. O alcalde animou “a todos os ferroláns e ferrolás e ás persoas que nos visitan estes días a que gocen desta exposición e da participación de Ferrol no recoñecido Festival”. 

Pola súa banda, a directora de PhotoEspaña, Claude Bussac, agradeceu ao Concello de Ferrol a súa implicación “para acoller o Festival en Ferrol” e sinalou a “riqueza e beleza do patrimonio arquitectónico da cidade”. Bussac destacou o acerto de exponer na rúa posto que supón “democratizar a cultura” e fomentar que “os cidadáns se atope con ela”. 

A exposición ao aire libre ‘Tiempo y memoria. Fotografía española contemporánea’ mostrará en Ferrol ata o 15 de outubro unha selección das obras máis representativas de autores galardoados co Premio Nacional de Fotografía, un percorrido polas principais voces da fotografía española contemporánea. Esta comisariada por José María DíazMaroto e conta con fotografías de Pilar Aymerich, José Manuel Ballester, Juan Manuel Castro Prieto, Toni Catany, Gabriel Cualladó, Alberto García-Alix, Ouka Leele, Chema Madoz, Isabel Muñoz, Pablo Pérez Mínguez, Rafael Sanz Lobato e Alberto Schommer.

Son 12 autores cuxa importancia e influencia esténdese sen fronteiras cunha visión heteroxénea onde conviven con equilibrio os diversos xéneros que ofrece a fotografía das últimas décadas. A paisaxe, a reportaxe, a abstracción, a fantasía, a ironía e a provocación combínanse con técnicas e formatos percorrendo máis de medio século de creación fotográfica.

Esta exposición ofrece así unha oportunidade de gozar de moi diferentes aproximacións á fotografía da man de grandes autores: desde a fotografía de corte mais documental na mirada de Rafael Sanz Lobato e Pilar Aymerich; as fantasías e poemas visuais de Tony Catany, Chema Madoz e Isabel Muñoz —no seu traballo máis recente sobre o universo mariño—; a fotografía case pictórica de autores como Ouka Leele, José Manuel Ballester e Pablo Pérez Mínguez; ou a potencia dos brancos e negros noutros como Juan Manuel Castro Prieto, Alberto García-Alix, Gabriel Cualladó e Alberto Schommer. O Festival PhotoESPAÑA foi instaurado polo Ministerio de Cultura e Deporte en 1994 e desde entón acolle obras de diversos estilos e criterios.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar