Novas

luns, 05 de setembro de 2022

O Concello celebrará o sábado a IX carreira nocturna ‘Corre por Ferrol’

Pode atoparse toda a información en https://bit.ly/3cNSHeh


O Concello celebrará o sábado a IX carreira nocturna ‘Corre por Ferrol’

O Concello de Ferrol continúa a posta en marcha de actividades que fomenten a práctica deportiva cunha nova edición, a novena, da carreira nocturna ‘Corre por Ferrol’, que terá lugar este sábado e forma parte do oitavo circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. 


A participación é gratuíta e as inscricións deben formalizarse no enlace https://bit.ly/3cNSHeh ata as 22 horas do día 7. A carreira contará co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo. 

Partirá desde a Praza de Armas ás 20 horas para categorías menores e ás 21 horas para a absoluta. O percorrido será de 5.000 metros para a absoluta e de 2.000, 1.000, 5.00 ou 250 metros para menores, dependendo da categoría. 

Pode consultarse toda a información no regulamento da carreira, no enlace https://bit.ly/3B9RgPF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar