Novas

martes, 06 de setembro de 2022

O Concello concede o Premio Solidario 2022 á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra polo seu proxecto para coñecer Ferrol a través da lingua de signos

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, presidiu esta mañá a reunión de xurado. A entidade recibirá 6.000 euros para desenvolver a súa proposta de carácter socioeducativo e inclusivo


O Concello concede o Premio Solidario 2022 á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra polo seu proxecto para coñecer Ferrol a través da lingua de signos

O Concello de Ferrol outorgará este ano o Premio Solidario ‘Cidade de Ferrol’ na súa categoría dirixida a iniciativas locais á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra polo seu proxecto ‘Coñece Ferrol en Lingua de Signos’, tal e como determinou esta mañá o xurado reunido no pazo municipal e presidido pola concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero. O integran un representante de cada grupo municipal, as entidades premiadas o pasado ano (Asotrame e Manos Unidas) e diferentes entidades, como Provivenda, Cogami, Cáritas e Fondo Galego de Cooperación. 


Deste modo, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra recibirá 6.000 euros para a posta en marcha do seu proxecto socioeducativo e inclusivo para a promoción da lingua de signos e da cidade de Ferrol como referente en materia de accesibilidade para as persoas xordas. A finalidade da iniciativa é fomentar a universalización da lingua de signos nas persoas oíntes, facilitar a comunicación e introducila entre a poboación máis nova a través de contacontos e obradoiros de sensibilización. Trátase de concienciar sobre a importancia da integración das persoas xorda nos bens e servizos que ofrece a industria turística. 

O Premio Solidario consta de dúas categorías. Este ano a segunda, dirixida a proxectos de cooperación internacional, quedou deserta posto que non se presentaron iniciativas para esta convocatoria.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar