Novas

martes, 06 de setembro de 2022

O edil de Urbanismo aborda cos hostaleiros de Pardo Baixo as obras de humanización na rúa

Julián Reina reuniuse cos representantes dos locais e lembrou que a inversión do Concello, de máis de 520.000 euros, vai supoñer “un cambio moi notable na vía”. O concelleiro agradeceu a paciencia de veciños e hostaleiros


O edil de Urbanismo aborda cos hostaleiros de Pardo Baixo as obras de humanización na rúa

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, mantivo esta mañá unha reunión cos hostaleiros da rúa Pardo Baixo para trasladarlles os avances nas obras de reurbanización e humanización que o Concello de Ferrol está a levar a cabo nesta vía, unha intervención á que a Administración local destina 524.643,65 euros. 


Reina lembrou que a Xunta de Goberno Local aprobou recentemente unha ampliación do prazo de execución da obra ata o 24 de setembro e insistiu en agradeceu a hostaleiros e veciños da vía a súa paciencia por mor das obras. 

Durante o encontro, o concelleiro lembrou que a intervención municipal de reurbanización vai supoñer “un cambio moi notable na vía”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar