Novas

mércores, 07 de setembro de 2022

O Concello intensifica as políticas de envellecemento activo cunha nova ruta polo Camiño Inglés

Forma parte do programa municipal ‘O Noso Camiño’, un plan cultural e de actividade física dirixido a maiores de 65 anos. Os interesados en participar xa poden anotarse chamando aos números de teléfono 606 669 021 e 678 942 901


O Concello intensifica as políticas de envellecemento activo cunha nova ruta polo Camiño Inglés

A Concello de Ferrol continúa co desenvolvemento de programas dirixidos a mellorar a calidade de vida dos maiores e potenciar o seu envellecemento activo e saudable. Neste caso, tal e como lembrou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, o próximo sábado, 17 de setembro, terá lugar a terceira e última saída do programa municipal ‘O Noso Camiño’, un proxecto cultural e de actividade física dirixido a maiores de 65 anos de Ferrol. 


Trátase dunha nova camiñada de oito quilómetros de lonxitude polo tramo ferrolán da primeira etapa do Camiño Inglés para “coñecer a nosa cidade con ollos peregrinos”, indicou a edil. Haberá dous grupos, de 10 persoas cada un, e un monitor que explicará os detalles do percorrido. Partirá ás 9.30 horas do Porto de Curuxeiras e rematará no Polígono industrial de A Gándara, onde se cuñarán as credenciais e tomarase un aperitivo. 

En total, entre as tres saídas (febreiro, maio e esta de setembro) van gozan deste programa municipal 60 persoas de máis de 65 anos. Os interesados en participar na saída do 17 de setembro xa poden anotarse chamando aos números de teléfono 606 669 021 e 678 942 901. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar