Novas

xoves, 08 de setembro de 2022

O Concello e a Sociedade Galega de Historia Natural ofrecen de balde rutas a Doniños e un paseo polos xardíns da cidade

O programa ‘A Biblioteca sae ao medio’ inclúe dúas saídas pola praia, unha diúrna e outra nocturna


O Concello e a Sociedade Galega de Historia Natural ofrecen de balde rutas a Doniños e un paseo polos xardíns da cidade

 O Concello de Ferrol, en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), ofrece tres saídas no marco do programa ‘A Biblioteca sae ao medio”: dúas ao areal e lagoa de Doniños, unha nocturna e outra diurna, así como un paseo polos xardíns da cidade. 


Deste modo, a ruta nocturna pola praia será o sábado 10 de setembro, ás 21:00 horas, desde o aparcadoiro de Outeiro, e a diúrna terá lugar o sábado 17 de setembro, ás 10:30 horas, desde o mesmo punto. Pola súa banda, o paseo polos xardíns da cidade será o sábado 24 de setembro, a partir das 11 horas, desde os xardíns das Angustias, en Esteiro. 

Tódalas saídas son gratuítas grazas ao patrocinio do Concello de Ferrol, pero para gozar delas é precisa a inscrición previa chamando aos números de teléfono 698 141 384 e 881 931 315.Cada saída oferta 20 prazas e recoméndase levar roupa e calzado cómodos e acordes coa meteoroloxía, así como auga e crema solar se procedese. Para a saída Doniños nocturno recoméndase levar lanterna. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar