Novas

venres, 09 de setembro de 2022

O Concello colaborará con 21.500 euros co labor do Patronato Concepción Arenal para combater a exclusión social

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, e a presidenta da entidade, Beatriz Dorrio, rubricaron onte o documento


O Concello de Ferrol continúa contribuíndo ao desenvolvemento do labor que exerce o Patronato Concepción Arenal de Ferrol a través dunha achega municipal que ascende este ano a 21.500 euros. A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, e a presidenta da entidade, Beatriz Dorrio, rubricou onte mesmo o convenio, que busca promover a autonomía persoal das mulleres en situación de exclusión social a través da posta en marcha dun programa integral para a adquisición de habilidades sociais. 


No marco deste convenio, o Concello contribúe ao financiamento e mantemento dunha vivenda tutelada asumindo os gastos do persoal que realizará as actividades desenvolvidas dentro do centro no ámbito psicosocial e laboral, entre outros, para a adquisición de ferramentas de cara a lograr a autonomía persoal das mulleres destinatarias. 

A edil indicou que o Concello está a facer un “importante esforzo” por contribuír ao desenvolvemento persoal das mulleres que máis o necesitan.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar