Novas

venres, 09 de setembro de 2022

O Concello avanza nos traballos de mellora do mercado municipal da Magdalena coa substitución das ventás e a reparación de danos en fachadas

A Administración local destina a esta obra preto de 250.000 euros


O Concello avanza nos traballos de mellora do mercado municipal da Magdalena coa substitución das ventás e a reparación de danos en fachadas

O Concello de Ferrol está a avanzar nas obras de mellora que está a executar no mercado municipal da Magdalena, unha intervención que contempla intervir tanto na totalidade da cuberta como en fachadas e carpintería exterior das ventás. A Administración local destina a estes traballos preto de 250.000 euros. 


Onte mesmo comezou a substitución das actuais ventás por novas de aluminio lacado con elementos fixos e acristalamento sinxelo, o que garantizará a ventilación natural do edificio. Na actualidade tamén se está a reparar e limpar a cuberta do edificio, para o seu posterior pintado. Con esta intervención vaise dar solución aos problemas de oxidación que presenta, co lixado e aplicación dunha imprimación e pintura de poliuretano co fin de crear unha membrana impermeabilizante. 

Nas próximas datas tamén se procederá a reparar os danos existentes nas fachadas exteriores, eliminaranse as pintadas e a continuación pintarase de novo tras unha limpeza en profundidade. O proxecto tamén recolle a reparación das xuntas de dilatación e a renovación de canalóns, marquesinas e terrazas do inmoble, entre outras intervencións. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar