Novas

venres, 09 de setembro de 2022

O Concello promove a práctica deportiva na cidade co quinto Campionato Ferrolán de Bodyboard, que coincidirá en Ferrol coa proba galega

O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, presentou esta mañá as probas, que se celebrarán a fin de semana máis óptima ata o 9 de outubro na praia de Penencia, Doniños ou Ponzos. Estímase que participarán arredor de 160 deportistas


O Concello promove a práctica deportiva na cidade co quinto Campionato Ferrolán de Bodyboard, que coincidirá en Ferrol coa proba galega

O Concello de Ferrol continúa apoiando iniciativas que promoven a práctica deportiva na cidade con iniciativas como a que se presentou esta mañá no pazo municipal. O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, acompañado polo orgaznizador do evento, José Harto Breijo, deu a coñecer os detalles da celebración da quinta edición do Campionato Ferrolán de Bodyboard e do Campionato Galego, que coincidirán en Ferrol nas próximas datas. O tempo de espera comeza hoxe e remata o 9 de outubro, polo que as probas celebraranse a fin de semana máis óptima na praia de Penencia, Doniños ou Ponzos. 


O concelleiro sinalou que Ferrol presenta as “mellores condicións” para a práctica deportiva no mar e animou á poboación a acudir a “gozar deste gran evento”. Golpe lembrou que a cidade conta con “grandes figuras” nesta disciplina e aplaudiu calqueira iniciativa que fomente a súa práctica. 

Pola súa banda, Harto Breijo indicou que se estima que participen entre ambas probas arredor de 160 participantes de todas as idades. Celebrarase o venres pola tarde e o sábado e domingo en xornada completa na praia que mellores condicións ofrezca. Entre os obxectivos está “impulsar o deporte feminino, que aumenta cada ano, e tamén entre os máis pequenos”, apuntou. Anunciarase a fin de semana das probas e a praia a mitad da semana. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar