Novas

luns, 12 de setembro de 2022

O Teatro Jofre acollerá o domingo a ópera ‘O Reflexo’

O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas


O Teatro Jofre acollerá o domingo, 18 de setembro, a ópera ‘O Reflexo’, de Javier Ozores, que dará comezo ás 20.30 horas. Ferrol, como parte da Rede de Dinamización Lingüística, segue apoiando iniciativas para a normalización do uso do galego en todos os ámbitos. A entrada é de balde ata que se cubran a capacidade do recinto. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Ferrol. 


A ópera ‘O Reflexo’ é un espectáculo de teatro e ópera homenaxe a Emilia Pardo Bazán, tal e como lembrou a concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados. A obra estreouse o 10 de setembro de 2021 no Teatro Colón da Coruña e ten lugar en 1883, cando a autora publica a súa novela ‘La Tribuna’. Pardo Bazán expón nela o paralelismo que adquire a trama da súa novela, especialmente a través da personalidade da súa protagonista, Amparo, cos seus ideais, as súas vivencias e algunhas das súas frustracións.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar