Novas

martes, 13 de setembro de 2022

O Concello deseña un programa cultural ata final de ano cargado de música, teatro, danza, maxia e unha nutrida oferta para os máis pequenos

O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, presentou esta mañá os espectáculos que chegarán a Ferrol, entre os que destaca a música de Fredi Leis, Sabela King, Marc Seguí ou Montserrat Martí Caballé, a posta en escena da primeira volta ao mundo a cargo de Magallanes e Elcano; e a maxia da mán de Inventio. FESTEA, o Festival infantil de balde de teatro de monicreques e obxectos, estará en Ferrol nos meses de outubro e novembro. Mantense o ciclo de artes escénicas Fora do Mapa, que mestura o contemporáneo co patrimonio arquitectónico que terá lugar entre o 10 e 15 de outubro en varios lugares do barrio da Magdalena. Pode consultarse toda a progra


O Concello deseña un programa cultural ata final de ano cargado de música, teatro, danza, maxia e unha nutrida oferta para os máis pequenos

O Concello de Ferrol vén de deseñar a programación cultural para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, presentou esta mañá no Teatro Jofre os espectáculos que chegarán a Ferrol ata final de ano, a primeira esta misma fin de semana. Trátase dunha programación “ambiciosa, moi variada e de calidade, dirixida a todos os públicos e cunha oferta moi nutrida coa que desexamos seguir dinamizando a cidade, e polo tanto a súa actividade comercial e hostaleira”, indicou. Está pensada tanto para a poboación ferrolá como para atraer a veciños doutras ciudades, “para que acudan a gozar da nosa programación cultural e, de paso, visiten e descubran Ferrol”.


Ata final de ano, anunciou, “contaremos con actividades para nenos con divertidos espectáculos en diferentes espazos, exposicións moi variadas, cine, música de diferentes estilos, moita maxia, unha aposta moi forte polo teatro, moito humor e ata fantasía e ciencia ficción”.

Aposta firme pola programación para os máis pequenos 
O edil destacou a aposta “firme” do Concello de Ferrol en canto ao público infantil. Este ano “seguimos apostando por FESTEA, o Festival de teatro de monicreques e obxectos dirixido á infancia “que desexamos siga tendo o gran éxito entre o público familiar rexistrado nas últimas edicións”. O ciclo FESTEA é gratuíto e prolongarase desde o 1 de outubro ata o 26 de novembro, con funcións de balde no centro cultural Torrente Ballester, no centro cívico de Caranza, no Ateneo Ferrolán e no Teatro Jofre. FESTEA pertence á Rede de Festivais Internacionais de Teatro de Títeres e Obxectos de Outono. 

Golpe tamén destacou para os máis pequenos ‘Golulá’, un premiado espectáculo de teatro de autor e monicreques de gran formato dirixido por Chisco Casteleiro que chegará a Ferrol no mes de outubro.  

Artes escénicas na arquitectura do barrio da Magdalena 
A programación prevista para o resto do ano inclúe un ano máis o ciclo, xa consolidado, Fora do Mapa, que mestura o conteporáneo co patrimonio arquitectónico e que se desenvolverá entre o 10 e 15 de outubro en diferentes lugares do barrio da Magdalena. Coas artes escénicas como eixo, ofreceranse ao público vivencias conxuntas, reflexión e moita beleza. 

Maxia con Jandro e ‘Inventio’ 
No ámbito da maxia chegará a Ferrol o popular mago e humorista Jandro, coñecido polas súas aparicións no programa El Hormiguero, e o seu espectáculo ‘Descabellado’. 

Tamén ‘Inventio’, unha espectacular cita coa danza, o ilusionismo e as artes circenses para viaxar ao ano 2094. En canto á fantasía, a cidade tamén acollerá en outubro o Congreso Nacional de Fantasía e Ciencia Ficción (Hispacón). 

Ferrol recibirá a artistas de diferentes estilos como o galego Fredi Leis, a banda de pop Manel (que rematará en Ferrol a xira de presentación do seu último álbum) ou a soprano Montserrat Martí, filla da lendaria Montserrat Caballé. Golpe tamén destacou o espectáculo ‘Ortiga’, o proxecto musical de Chicho; o rock da banda Derby Motoret´s Burrito Kachimba; a potente voz de Sabela King que transita polos clásicos do blues, o country e o soul; o persoal estilo do mallorquino Marc Seguí; e a actuación “do noso gaiteiro máis internacional”, Carlos Núñez. Por suposto, dixo, “mantemos as citas coa Orquesta Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia”. 

O Concello “fai unha importante aposta polo teatro coa chegada a Ferrol de ‘A Odisea de Magallanes-Elcano’, unha obra da Compañía Teatro Clásico de Sevilla que xorde a partir dos recentes actos de conmemoración do V Centenario da primeira volta ao mundo e que lembra a estas figuras históricas recreando episodios da viaxe arredor do globo terráqueo”. Tamén chegará a Ferrol a obra ‘Decadencia’, unha comedia ácida sobre a alta sociedadade que combina ambición, clasismo e hipocresía, e a divertida e provocadora obra ‘Yo Mussolini’, unha chamada á reflexión grazas á interpretación de Leo Bassi.

Tamén danza 
En canto á danza, o edil destacou ‘Alma’, na que catro mulleres crean unha linguaxe secreta sobre o escenario, e no ámbito do humor, anunciou que Ferrol gozará da comedia da mán do humorista galego Miguel Lago. 

Os próximos meses Ferrol propón unha “oferta de calidade en canto ás exposicións”, como a que abrirá ao público en outubro a cargo do fotógrafo Ángel Manso e a pintora Sofía Piñeiro. Tamén continuará ata final de ano as proxeccións de balde da directora francesa Agnès Varda, no Cine Dúplex. 

Pode consultarse toda a programación en: 

-Web do Concello: https://bit.ly/3RDZypH 




Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar