Novas

martes, 13 de setembro de 2022

A rodaxe da serie ‘Rapa’ interromperá o tráfico na tarde de mañá con cortes puntuais de entre un minuto e minuto e medio no barrio de Ferrol Vello

Poderán producirse entre as 13 e as 16 horas


A rodaxe da serie ‘Rapa’ interromperá o tráfico na tarde de mañá con cortes puntuais de entre un minuto e minuto e medio no barrio de Ferrol Vello

A rodaxe da serie ‘Rapa’, que se está a levar a cabo actualmente na cidade de Ferrol, vai xerar mañá mércores, entre as 13 e as 16 horas, cortes puntuais no tráfico de entre un minuto e un minuto e medio de duración en diferentes puntos do barrio de Ferrol Vello. 


Estes cortes poderán ter lugar en Irmandiños (na saída da porta do Dique); na rúa Rastro (no acceso á residencia militar); no paseo da Mariña en dirección á rúa Alta do Porto; na estrada Porto Graña á altura da rotonda do paseo da Mariña; e, por último, na confluencia da saída de Capitanía Marítima coa estrada Porto Graña.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar