Novas

mércores, 14 de setembro de 2022

O Concello iniciará a próxima semana aglomerados en tramos de vías de Ultramar, Inferniño, Caranza, Santa Icía, A Cabana, Covas, Mandía e San Xurxo

A edil de Obras, Ana Lamas, trasladou esta mañá aos grupos municipais que tamén está prevista a reparación de beirarrúas en San Pablo e intervencións en Esteiro, entre outros barrios


 O Concello de Ferrol continúa cos traballos de reparación e acondicionamento de vías e beirarrúas da cidade, concentrados esta semana na Praza de Cuba e na rúa Pintor Bello Piñeiro. A concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas, trasladou esta mañá aos grupos municipais durante a comisión de área que a partir da próxima semana darán comenzo obras de aglomerado de tramos en varias rúas da cidade: Río Mera e Aviador Piñeiro (Inferniño), rúa Lope de Figueroa e aparcamentos das vías Santa María de Caranza, rúa Masaia e Armada Española (Caranza), rúa Enxeñeiro Comerma (Ultramar), na Cabana, no camiño A Pedreira (Covas), no acceso ao local social de San Xurxo, en camiños de Mandía e nun camiño de Santa Icía, no entorno do castro. 


Ademais, a responsable municipal adiantou que nas próximas datas tamén está prevista a reparación de beirarrúas no barrio de San Pablo e intervencións en viarios de Esteiro, entre outros barrios. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar