Novas

mércores, 14 de setembro de 2022

A procesión da Virxe de Dores supoñerá mañá cortes de tráfico en rúas do centro

Sairá ás 20 horas da Concatedral de San Xiao e continuará o seu percorrido polas rúas Igrexa, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez, María, Arce, Real, Sánchez Barcaiztegui e Igrexa ata chegar á Concatedral


A procesión da Virxe de Dores supoñerá mañá cortes de tráfico en rúas do centro

A procesión da Virxe dos Dores, que terá lugar mañá xoves a partir das 20 horas, vai implicar cortes puntuais nas rúas de paso da comitiva e nas que a crucen durante o tempo que dure o evento excepto na rúa Igrexa, na que se producirá a saída e chegada da comitiva, e nas rúas Concepción Areal e Coruña, que estarán abertas ao paso do final da comitiva. 


A procesión sairá da Concatedral de San Xiao e continuará o seu percorrido polas rúas Igrexa, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez, María, Arce, Real, Sánchez Barcaiztegui e Igrexa ata chegar á Concatedral de San Xiao.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar